InicioMedio Ambiente e PatrimonioArde o Condado-Paradanta

Arde o Condado-Paradanta

Xa van ardidas máis de 500 hectáreas. Continúa activada a Situación 2 pola proximidade do lume en Arbo e A Cañiza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O incendio de Arbo, que se iniciou na aldea de Mourentán, xa queima 400 hectáreas. De feito, o lume obrigaba este sábado a activar a situación 2 de alerta por proximidade do incendio a un núcleo de vivendas da parroquia das Searas, aviso aínda activo.

O incendio iniciouse ás 3,17 horas da madrugada deste sábado na parroquia de Mourentán. No lugar traballan nove helicópteros, 10 avións, dúas Unidades Técnicas de Apoio, cinco pas, 39 motobombas, 54 brigadas, 19 axentes e sete técnicos. Ademais, solicitouse o apoio da Unidade Militar de Emerxencias.

Tamén en Pontevedra permanece activo outro incendio, no concello pontevedrés da Cañiza, concretamente na parroquia de Oroso. Alí tamén se declarou a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume a un polígono industrial.

Ademais, durante toda a mañá se produciron cortes de estradas. Primeiro a A-52 e posteriormente a N-120, ambas as abertas xa ao tráfico. Este lume iniciouse ao redor das 1,00 horas e leva calcinadas, polo momento, 25 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse a un técnico, nove axentes, 17 brigadas, nove motobombas, dúas pas, nove avións e cinco helicópteros.

Esta pasada noite, ao redor das 23,15 horas do sábado, tamén se declaraba outro en Ponteareas (Pontevedra), na parroquia de Padróns. Segundo informa Medio Rural, foi estabilizado ao redor das 10,00 horas desta mesma mañá con 20 hectáreas calcinadas. Empregáronse sete axentes, 14 brigadas, dez motobombas, unha pa e un helicóptero.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...