InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero cualifica de "ridículo cósmico" a candidatura das Illas Atlánticas a...

Abel Caballero cualifica de “ridículo cósmico” a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo carga de novo contra a candidatura que promove a Xunta e defende o proxecto impulsado polo Concello para declarar Patrimonio da Humanidade unicamente as Illas Cíes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este luns o “ridículo cósmico” que, ao seu xuízo, están a facer Feijóo e o seu goberno ao manter a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade, á que “se lle apiñan os problemas” e que foi “improvisada” para obstaculizar o proxecto impulsado polo Concello de Vigo para declarar Patrimonio da Humanidade unicamente as Illas Cíes.

O rexedor olívico constatou que a candidatura da Xunta, ademais de ter “a oposición firme do Concello de Vigo”, foi tamén rexeitada polos insulars de Ons, que “están indignados” e non queren ese recoñecemento, dixo. “A foto das pancartas nas xanelas de Ons (pedindo que se respecten os seus dereitos e rexeitando ser Patrimonio da Humanidade) son demoledoras”, apostilou.

A iso sumar, indicou Abel Caballero, a constatación de que existe, preto de Sálvora e de Ons, “unha montaña de 25 metros de altura de verteduras submarinas” –segundo información publicada hai uns días por El País–. “Unha montaña de residuos nunha rede protexida, e queren que sexa Patrimonio da Humanidade”, sinalou o alcalde, quen recalcou que, ademais, a Xunta “pretende baleirar alí outros 330.000 metros cúbicos de material que van sacar da desembocadura do Lérez”.

Por todo isto, o alcalde de Vigo insistiu en que a Xunta debe retirar esa candidatura, e así o pedirá formalmente por carta a Núñez Feijóo, e reiterou que, mentres que a candidatura de Cíes conta con apoio social e informes científicos, a promovida polo goberno autonómico non ten “nin un apoio”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...