InicioSucesosAumentan os furtos no mercado semanal do Porriño: o Concello pide extremar...

Aumentan os furtos no mercado semanal do Porriño: o Concello pide extremar a precaución

A Policía Local en coordinación coa Garda Civil traballa para identificar os autores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellaría de Seguridade Cidadá do Porriño fixo este mércores un chamamento para extremar a precaución debido ao aumento de furtos detectados no mercado semanal que se celebra os martes nesta localidade.

Fontes municipais confirmaron que, nas últimas semanas, repuntaron este tipo de ilícitos, con xornadas nas que se chegaron a denunciar catro ou cinco furtos. Por iso, a Policía Local en coordinación coa Garda Civil traballa para identificar os autores destes furtos. Mentres, o Concello enviou unha mensaxe á veciñanza para que adopte medidas e eviten así ser vítimas dos carteiristas.

Así, lembrou que “o lugar predilecto” destes delincuentes son os espazos cheos de xente, polo que pediron estar atentos, ter as pertenzas sempre ao seu alcance e desconfiar daqueles descoñecidos que se acheguen demasiado con calquera pretexto.

Tamén recomendou non levar bolsos que non pechen ben, ou que permitan un fácil acceso ao seu interior, e telos cruzados en lugar de suxeitos a un só ombreiro; en caso de mochila, levala sempre por diante e non ás costas; gardar os obxectos de valor sempre ao fondo dos bolsos e mochilas; se non se utiliza bolso, levar a carteira ou o móbil sempre en petos dianteiros; ou evitar retirar a atención das súas pertenzas, especialmente ao falar con descoñecidos.

Finalmente, fontes municipais pediron á veciñanza que, se presencian a actuación dos carteiristas, non dubiden en gritar e chamar a atención da xente, posto que estes delincuentes “foxen de inmediato ao ser descubertos”, porque “a discreción é a súa maior arma”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...