InicioMedio Ambiente e PatrimonioAvanza a denuncia dos animalistas aos cazadores de raposos: defenden que os...

Avanza a denuncia dos animalistas aos cazadores de raposos: defenden que os ameazaron de morte

Os animalistas piden as maiores penas para o encadenamento permanente de mascotas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Con respecto aos comentarios “ameazantes” de cazadores durante os días posteriores aos campionatos de caza de raposos que se desenvolveron o día 12 nas catro provincias, LIBERA! fixo efectiva unha denuncia ante a Fiscalía Provincial da Coruña, deixando que o Ministerio Fiscal investigue e cualifique a posible responsabilidade penal de ameazas de morte.

Ademais, o achado dun can atado no termo municipal do Porriño, que faleceu días despois, por parte de axentes de Seprona da Comandancia da provincia de Pontevedra, así como as posteriores dilixencias, foi valorado pola Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, a pesar do triste final do animal.

Os animalistas aproveitaron este caso para denunciar a permanencia dunha práctica de crueldade explicitamente ilegalizada na Lei de Benestar Animal de Galicia que, despois dun ano en vigor, aínda non deu resposta aos centos de casos que se acumulan na comunidade, e que no caso destes colectivos, suman máis de 380 situacións documentadas.

Campionato de caza do raposo/ Miguel Núñez

A través da campaña #SinCadenas estas organizacións propoñen unha auténtica “man dura administrativa” por parte da Consellería de Medio Ambiente co obxectivo de sancionar o encadenamento permanente co máximo previsto na normativa, 5000 euros, así como empezar a incluír as sancións accesorias, entre as que se atopa a inhabilitación para a tenencia de animais.

O caso do Porriño non é illado, como denuncian FFW e LIBERA!, e de feito nos últimos tempos xurdiron iniciativas veciñais para disuadir a persoas de manter aos cans en condicións deplorables, con cadeas e cordas que provocan profundas feridas, sen refuxio ou sen alimento adecuado, que se suma a outras infraccións, onde se atoparía tamén a carencia do preceptivo microchip identificador.

 

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...