InicioSociedadeComezan a ser residuais os casos Covid na área de Vigo

Comezan a ser residuais os casos Covid na área de Vigo

Houbo tan só oito novos casos nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos de Covid-19 en Galicia seguen en descenso na semana na que se acaba o verán e sitúanse en 2.071, así como os novos contaxios, que caen a 61 –catorce menos que o día anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan a 93 –catro menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un 1,58% no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, con rexistros ata as 18,00 do domingo, baixan a 25 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 68 as que se atopan noutras unidades. Mentres, hai 1.978 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria alívisase na área de Vigo, con seis pacientes ingresados en UCI pola Covid e baixando a sete os doutras unidades –un menos–

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen a tendencia descendente no inicio da semana na que conclúe o verán e sitúanse en 2.071, que supoñen 123 menos que o día anterior ao haber máis altas (184) que contaxios (61) e non notificarse falecidos este domingo. Así, na área de Vigo houbo 14 casos activos menos que queda con 372.

BAIXAN OS NOVOS CONTAXIOS

Galicia arrinca a semana na que comezará o outono –este mércores– con 61 novos contaxios, que supoñen 14 menos que os 75 contabilizados este pasado domingo, polo que se mantén por baixo do centenar. En concreto, dos novos casos detectados con probas de diagnóstico de infección activa nas últimas 24 horas, que ascenderon a 61, deles, oito, na área de Vigo.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...