InicioAprazan a folga de recollida de lixo en Ponteareas logo dunha aproximación...

Aprazan a folga de recollida de lixo en Ponteareas logo dunha aproximación entre traballadores e empresa

Tal como informou a CIG, a mediación do goberno local permitiu este avance, que logrou pospor a folga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cadro de persoal de FCC, concesionaria do servizo de recollida de lixo, limpeza viaria e punto limpo do Concello de Ponteareas, acordou aprazar 15 días o inicio da folga indefinida prevista para este mércores tras producirse un achegamento de posturas na negociación do convenio colectivo.

Tal como informou a CIG, a mediación do goberno local permitiu este avance, que logrou pospor a folga. A decisión adoptouse tras máis de cinco horas de reunión entre as partes.

Encontro que acabou, segundo Pedro Pérez de CIG-Servizos, cunha serie de cuestións perfiladas que primeiro deberán confirmarse mediante un preacordo na próxima reunión, fixada para o 11 de outubro. Este preacordo máis tarde terá que ser ratificado polos traballadores.

“Só desta maneira quedaría desconvocada a folga, xa que pola contra daría comezo ás 06,00 horas do día 13“, subliñou a CIG, que este mércores impugnou os servizos mínimos fixados por consideralos “abusivos”.

Pérez detallou que no encontro do martes abordouse que a duración do convenio será de catro anos, establecéndose un incremento salarial do 12% durante ese período. Ademais, puxéronse encima da mesa outras melloras tanto económicas como de carácter social para os 22 traballadores do servizo.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...