InicioEconomíaO BNG insta á Xunta a exercer as súas competencias e apoiar...

O BNG insta á Xunta a exercer as súas competencias e apoiar ao sector pesqueiro, “estratéxico” no Morrazo

O Bloque sinala as dificultades que atravesa o sector polo aumento do prezo do combustible e os problemas derivados da pandemia e a guerra en Ucraína.

PUBLICADO O

O BNG instou á Xunta a exercer as súas competencias e a atender as demandas do sector pesqueiro do Morrazo, que é “estratéxico” para a economía desta comarca, ante as dificultades que atravesa polo aumento do prezo do combustible e os problemas derivados da pandemia e a guerra en Ucraína.

Así o trasladaron os membros dunha delegación nacionalista (formada pola representante do BNG en Europa, Ana Miranda; e os deputados Rosana Pérez, Carmela González e Paulo Ríos) que este venres mantiveron unha xornada de traballo con reunións con representantes deste colectivo en Cangas, Moaña e Bueu.

Ana Miranda comprometeuse a levar á Comisión de Pesca do Parlamento Europeo aquelas cuestións que afectan a pesca e ao marisqueo desta comarca, porque non se ve “axilidade” na posta en marcha de medidas que solucionen os problemas.

Pola súa banda, Rosana Pérez advertiu de que “a guerra no sector pesqueiro galego comezou hai moitos anos”, porque existen problemas de base “que, se non se solucionan, o sector está abocado a unha diminución maior da que leva sufrindo nos últimos anos”. Así, referiuse a cuestións como a diminución de TAC e cotas, ou á “hiperregulación”.

Para a deputada nacionalista, malia que a Xunta ten moitas competencias exclusivas “non as exerce e sistematicamente bota balóns fóra“. Así, tanto a “falta de política pesqueira” do Goberno galego como de Portos de Galicia causan “un terrible prexuízo” ás terminais pesqueiras galegas.

O BNG denunciou que os traballadores do mar pagan “taxas desmesuradas” sen ter apenas servizos a cambio, e sen que se atendan as súas “reivindicacións históricas” na comarca do Morrazo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...