InicioEconomíaUn xulgado de Vigo declara a relación laboral entre Glovo e 97...

Un xulgado de Vigo declara a relación laboral entre Glovo e 97 repartidores

A xuíza lembra no seu fallo a sentenza do Tribunal Supremo que establece que Glovo toma "todas as decisións comerciais".

PUBLICADO O

O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a proposta formulada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e declara a relación laboral entre a empresa Glovo e 97 repartidores (‘riders’ no termo inglés) da provincia de Pontevedra.

A xuíza lembra no seu fallo a sentenza do Tribunal Supremo que establece que Glovo toma “todas as decisións comerciais”.

O prezo dos servizos prestados, a forma de pago e a remuneración aos repartidores fíxase exclusivamente por esa empresa. Os repartidores non perciben os seus honorarios directamente dos clientes finais da plataforma, senón que o prezo do servizo recíbeo Glovo, quen posteriormente abona a súa retribución aos repartidores. Iso evidencia que Glovo non é unha mera intermediaria entre clientes finais e repartidores“, recolle a resolución xudicial.

Contra esta sentenza, con data de 30 de decembro de 2021, cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...