InicioEconomíaA Xunta traslada a Bruxelas a demanda de incorporar o AVE Vigo-Porto...

A Xunta traslada a Bruxelas a demanda de incorporar o AVE Vigo-Porto ao Corredor Atlántico Noroeste

Insiste en que debe acompañarse dunha conexión directa e soterrada co porto de Bouzas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladou á comisaria europea de Transportes, Alina Valean, a demanda de incorporar a liña de alta velocidade Vigo-Porto ao Corredor Atlántico Noroeste.

Así o avanzou este martes en Vigo no marco do foro ‘Loxística intelixente: tecnoloxía, talento e sustentabilidade’, durante o que explicou que remitiu unha carta á comisaria europea para solicitar a incorporación do AVE a Porto e a conexión do porto olívico á rede básica ferroviaria transeuropea (a prioritaria).

Neste sentido, puxo o foco en que o traxecto entre Vigo e Porto por estrada sexa en 95 minutos, fronte aos 140 minutos que supón a conexión por tren. Por iso, defendeu articular unha rede ferroviaria moderna que conecte estas cidades nunha hora, o que asegurou que incrementará a competitividade da zona.

Ethel Vázquez sinalou que a primeira peza desa infraestrutura inclúe a conexión ferroviaria de Vigo e Porto, coñecida como saída sur, que permitirá dar continuidade ao Eixo Atlántico. Ademais, afirmou que debe acompañarse dunha conexión directa e soterrada co porto de Bouzas.

Precisamente, lembrou que recentemente o Goberno adxudicou un traballo para a realización dun estudo de alternativas sobre a execución da saída sur. Con todo, considerou que este paso resulta “insuficiente”, xa que “cabería esperar” a licitación do estudo informativo e a tramitación ambiental para un avance efectivo.

A conselleira remarcou a importancia de aproveitar a incorporación do noroeste peninsular ao trazado do Corredor Atlántico europeo e incidiu na necesidade de persuadir ao Goberno e ás autoridades europeas de apostar polo mesmo.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...