InicioEconomíaAbel Caballero non aclara se subirá o IBI a vivendas baleiras coa...

Abel Caballero non aclara se subirá o IBI a vivendas baleiras coa nova lei do aluguer

Marea de Vigo pide ao alcalde "que non siga a senda de Almeida" en Madrid e se poña á fronte da defensa da "vivenda digna" con prezos alcanzables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio dunha nova lei de vivenda para facilitar os alugueres “accesibles”, aínda que eludiu aclarar se se aplicará a recarga no IBI para as vivendas baleiras na cidade.

Sobre esa posible suba do IBI, Caballero afirmou que “o importante” é que se adopten medidas para que haxa alugueres accesibles e, nese sentido, sinalou que as medidas anunciadas polo Goberno “van na boa dirección”. “Non podemos ter alugueres a prezos astronómicos porque unha parte moi importante da sociedade non pode pagalos”, afirmou.

Segundo engadiu, existen grandes propietarios, maioritariamente empresas, que dispoñen dun número elevado de vivendas e que se dedican a “especular”. “Se hai un proceso especulativo de grandes empresas, hai que actuar”, sentenciou.

Por outra banda, saudou “con moito agrado” o bono novo anunciado polo Executivo para dar axudas a mozos para pagar os alugueres, á vez que tamén destacou a importancia de que os plans urbanísticos municipais teñan “un nivel importante de vivenda con algunha protección”. “En Vigo xa estamos nesa dirección”, engadiu.

Con respecto ás actuacións concretas que terán que levar a cabo os concellos para executar as medidas da nova lei, Abel Caballero evitou pronunciarse, e explicou que quere coñecer a norma “en detalle” e analizar “a letra pequena” antes de “fixar unha posición”.

MAREA DE VIGO

Pola súa banda, o grupo municipal Marea de Vigo pediu ao alcalde de Vigo “que non siga a senda de Almeida” en Madrid e se poña á fronte da defensa da “vivenda digna” con prezos alcanzables. Así, reclamou ao rexedor “un compromiso real”, que vaia “máis aló de declaracións de intencións”.

Para o portavoz de Marea, Rubén Pérez, sería “inasumible” que o alcalde de Vigo “remase contra” a nova lei de vivenda no aspecto que máis incumbe aos concellos, como é a recarga no IBI (ata o 150 %) das vivendas baleiras, que estima nunhas 10.000 na cidade.

De feito, Marea de Vigo xa solicitara anteriormente a revisión de taxas e prezos públicos do Concello para gravar con subas do IBI esas vivendas desocupadas, especialmente as que son propiedade de entidades de crédito ou fondos.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...