InicioEconomíaO Porto de Vigo aposta por reivindicar ante Bruxelas o papel "fundamental"...

O Porto de Vigo aposta por reivindicar ante Bruxelas o papel “fundamental” da pesca durante a pandemia

Jesús Vázquez Almuiña destaca a competitividade das empresas dos distintos sectores da economía azul galega e do resto de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, apostou por reivindicar o papel “fundamental” da pesca durante a pandemia da covid-19 ante Bruxelas e destacou a competitividade das empresas dos distintos sectores da economía azul galega e do resto de España.

Durante a VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca, celebrada en Vigo, avogou por poñer en valor o porto pesqueiro da cidade e a súa sustentabilidade ante Europa e os organismos internacionais.

Así, presentou o Porto de Vigo como “aliado da Cooperativa de Armadores” e o resto do sector para “facer ver todo o que se está facendo pola sustentabilidade” e “o papel tan importante que ten a pesca, desde o punto de vista social do emprego” e o seu “respecto” aos caladoiros.

Almuiña destacou tamén a competitividade a nivel estatal e internacional dos distintos sectores vinculados á economía azul no país, o que achacou a “a gran calidade dos seus produtos e servizos, a profesionalidade dos seus traballadores e o seu impulso á innovación”.

COMPETENCIA

En todo caso, afirmou que a “gran calidade” destes sectores non resulta “suficiente” se “as empresas teñen que competir con outras que poden operar nun ámbito diferente, con regras moitas veces menos esixentes”. “E a pesca sustentable é un dos sectores máis afectados por esa situación”, asegurou.

Neste sentido, o presidente da Autoridade Portuaria lembrou a posta en marcha da fundación MaInnLeg para asumir estes desafíos que foi liderada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e contou con colaboración de entidades do sector e Abanca, que realizan un “traballo magnífico”.

Así mesmo, puxo o foco na presenza de “disparidades da contorna no que teñen que operar as empresas” a pesar da aposta por crear normas mínimas para unha pesca sustentable a nivel internacional. Así as cousas, recalcou que “non debería permitirse” que outras rexións do mundo e as súas empresas “se beneficien dunha Europa que está á vangarda na loita pola transición ecolóxica”, ao “socavar o ‘level playing field’ que debe rexer para unhas cadeas de produción xustas”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...