InicioVal MiñorBaionaA venda de produtos do mar durante aumentou un 2,8% durante a...

A venda de produtos do mar durante aumentou un 2,8% durante a pandemia

Baiona acolle o XXI Congreso Asociación de Empresas de Fabricantes e Distribuidores de Produtos do Mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O XXI Congreso Asociación de Empresas de Fabricantes e Distribuidores (AECOC) de Produtos do Mar analizou este mércores en Baiona o aumento da venda destes alimentos durante a pandemia, que alcanzou o 2,8% nos últimos 12 meses.

Durante a primeira xornada do evento, que concluirá este xoves, o director de negocio de IRI en España, Antonio Khalaf, detallou que a venda de produtos de pesca creceu un 2,8% entre maio de 2020 e o mesmo mes deste ano, cunha facturación conxunta de 4.207 millóns de euros. En concreto, de acordo con datos da consultora, a venda de produtos do mar elevouse por enriba da media do sector da alimentación, que incrementou as súas vendas un 0,4%.

Por categorías, os frescos representaron o 40,7% das vendas dos produtos do mar, seguidos polos conxelados, cun 33,8%; e os refrixerados, cun 25,5%. Con todo, o maior crecemento observouse nesta última categoría.

Neste sentido, Khalaf apuntou que, no que vai de ano, a suba das vendas dos refrixerados mantense, cun incremento do 2,9% rexistrado no primeiro semestre do ano, mentres os conxelados “foron os grandes gañadores nos momentos de maiores restricións”.

Así mesmo, segundo os datos de IRI, a pandemia supuxo un incremento da canle en liña para as vendas de produtos de gran consumo dun 45%, que, no caso dos produtos do mar, alcanzou o 47,2% no último ano. O informe tamén apunta á sustentabilidade, a saúde, a conveniencia e a innovación como as tendencias de futuro no sector de produtos do mar e de gran consumo.

ÚLTIMAS

Stellantis lanza o maior plan estratéxico da súa historia tras investir 60.000 millóns ata 2030

O grupo de orixe franco-italiano Stellantis presentou este xoves en Auburn Hills, en Michigan...

O sector do metal critica a “tomadura de pelo” da patronal e esixe un convenio “digno”

Centos de traballadores do comercio do metal da provincia de Pontevedra saíron de novo...

Fronte común en Vigo contra o desfile das Forzas Armadas: convocan unha manifestación contra a “exaltación da barbarie”

A rúa prepárase para responder á gran demostración de forza militar que acollerá Vigo....

Testemuñas de Jehová denunciaron ante a Policía posible agresión sexual a dúas nenas por un fiel xulgado o martes en Vigo

A comunidade de Testemuñas de Jehová de Vigo, en concreto dous dos seus 'Ministros...