InicioEconomíaCaballero ve "imprescindible" facer investimentos no ciclo da auga que poden superar...

Caballero ve “imprescindible” facer investimentos no ciclo da auga que poden superar os 100 millóns

Son actuacións de renovación ou mellora de equipamentos que suporía un investimento de algo máis de 9 millóns anuais na próxima década.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, admitiu este martes que é “imprescindible” facer investimentos nas redes de saneamento e abastecemento da cidade, uns investimentos que os propios técnicos municipais cifran en máis de 100 millóns de euros, aínda que o rexedor non precisou quen debe asumir ese custo.

A preguntas dos medios nunha rolda de prensa, Abel Caballero, recoñeceu que eses investimentos deben facerse e lembrou as deficiencias que presentan as conducións e infraestruturas do ciclo da auga na cidade. “É o Vigo que eu herdei”, lamentou.

No entanto, cuestionado acerca de que administración debe asumir ese gasto (Caballero defendeu no seu momento que debía ser a Xunta) ou se será un investimento que faga a propia empresa fornecedora do servizo a cambio dunha prórroga da concesión, que acaba a finais deste ano, o rexedor non entrou en detalles.

Segundo o informe técnico incluído no expediente de modificación da ordenanza, e no que se detallan as necesidades de investimento en infraestruturas de saneamento e abastecemento, Vigo necesita realizar obras para un correcto funcionamento do servizo.

Así, trátase de actuacións de renovación ou mellora de equipamentos nas estacións potabilizadoras, nas depuradoras, na rede de sumidoiros, na captación e condución, nos colectores, en depósitos, etc., por 101 millóns de euros, o que supón un investimento de algo máis de 9 millóns anuais na próxima década.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...