InicioEconomíaComezan as obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás...

Comezan as obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Pena de Vigo

Actuarase en vías interiores e nos espazos de entrada aos hospitais.

PUBLICADO O

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora dos accesos aos hospitais Meixoeiro e Nicolás Pena, que contarán cun investimento de 700.000 euros e estarán acabadas cara a finais de ano.

En ambos os casos reforzarase a seguridade viaria e mellorarase a accesibilidade de pacientes e traballadores dos centros. Así, actuarase en vías interiores (con renovación do firme e das beirarrúas) e nos espazos de entrada aos hospitais. Segundo detallou a Xunta, está previsto habilitar máis dunha vintena de pasos de peóns.

As obras comezaron nos accesos ao hospital Meixoeiro, onde se habilitará unha nova vía para facilitar as comunicacións dentro do propio recinto. Este tramo fará máis fácil a subministración de material ao propio hospital, evitando que os vehículos teñan que saír marcha atrás ou por dirección prohibida.

No caso do Hospital Nicolás Pena, está previsto mellorar o aparcadoiro e actuar nos itinerarios peonís para mellorar a accesibilidade e facilitar os desprazamentos a pé. Tamén se mellorará a sinalización e reporanse valos peonís e bolardos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...