InicioEconomíaLópez Veiga afirma que o Porto "acatará" a sentenza sobre a concesión...

López Veiga afirma que o Porto “acatará” a sentenza sobre a concesión de Vulcano

A Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima o seu recurso sobre a concesión de dominio portuario do estaleiro Vulcano, e avala que esa concesión forme parte da unidade que se pode poxar no proceso de liquidación da empresa.

PUBLICADO O

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, deu conta este venres, na reunión do Consello de Administración do organismo, da sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima o seu recurso sobre a concesión de dominio portuario do estaleiro Vulcano, e avala que esa concesión forme parte da unidade que se pode poxar no proceso de liquidación da empresa.

Segundo sinalou López Veiga nunha rolda de prensa telemática, posterior á reunión (tamén por videoconferencia) do Consello de Administración, o Porto “acatará” dita sentenza que, por outra banda, non é susceptible de recurso. En todo caso, e dado que o organismo portuario pedira un informe ao Consello de Estado sobre a situación desa concesión, informou de que se porá a sentenza en coñecemento dese órgano.

“Cando hai unha sentenza firme acátase e punto, eu non fago como outros, non critico ao poder xudicial”, proclamou López Veiga, quen evitou valorar a resolución da Audiencia. “O Porto non fai máis que acatar a sentenza, se se poxa a concesión non imos facer nada”, engadiu.

A ese respecto, o representante sindical no Consello de Administración da Autoridade, Anxo Igrexas (CIG), pediu a dimisión de López Veiga pola xestión que fixo deste asunto. Preguntado por esa petición de dimisión, López Veiga limitouse a constatar que “se porá na acta” da reunión deste venres.

OUTROS TEMAS

Por outra banda, o Consello de Administración tamén deu conta dos cambios nos órganos directivos das empresas Fillos de J. Barreras (coa toma de control por parte de Ritz Carlton) e Nova Pescanova (coa toma de control por parte de Abanca).

Así mesmo, na reunión deste venres notificouse, con respecto ao cargadero de mineral de Rande, que hai informe de Portos do Estado “que di que a competencia para determinar se é un Ben de Interese Cultural non é da Xunta, senón do Goberno central”. Por iso, o Porto de Vigo remitiu o seu informe a Patrimonio do Estado “para que ditamine respecto diso”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...