InicioEconomíaO Círculo de Empresarios de Galicia concede a súa Medalla de Ouro...

O Círculo de Empresarios de Galicia concede a súa Medalla de Ouro a Juan Güell

Güell Cancela fora presidente do Círculo de Empresarios que agora lle concede esta condecoración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia acordou por unanimidade distinguir a Juan Güell Cancela, quen foi presidente desta organización empresarial,  coa súa Medalla de Ouro, que se lle entregará nun acto o próximo mes de novembro.

Güell Cancela, socio director do consultoras Mercado Continuo 2100 e Dosvalor JH, comezou a súa carreira en Arthur Andersen nos anos 60. Entre 1968 e 1995 foi director financeiro da química Zeltia, e logo traballou como director xeneral do Grupo de Empresas Álvarez.

Ademais, é cofundador de Grupo SUM, Cibergestión e Coworking Vigo, entre outras iniciativas; foi presidente do Círculo de Empresarios de Galicia en dúas etapas (entre 2004 e 2007, e entre 2015 e 2018); e tamén desempeñou labor docente como profesor de finanzas na Escola de Negocios Caixanova, hoxe IESIDE.

Desde o Círculo (antes Club Financeiro de Vigo) impulsou a Rede de Investidores Privados-RedInvest, para o fomento e posta en marcha de proxectos innovadores. Por outra banda, é administrador e conselleiro en varias empresas, como Pescapuerta, Pérez Rumbao, Metalships, etc. e, en 2014, foi distinguido como Mellor Executivo de Galicia pola revista ‘Executivos’.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o vindeiro 5 de xullo unha nova cita do circuíto de carreiras “Ponlle Freo”

Vigo será unha das paradas principais do circuíto de carreiras Ponlle Freo 2026, segundo...

Caballero carga contra a Xunta pola vivenda en Vigo e cualifica de “contos chineses” o plan das 2.000 vivendas do Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou os anuncios da Xunta sobre a construción...

O PP acusa a Caballero de “expulsar á Xunta” da firma do convenio da ETEA e de Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reprochou ao alcalde, Abel Caballero, o...

Esquerda Unida propón cambios no Mercado das Travesas para priorizar os peóns e reducir a velocidade do tráfico

Esquerda Unida presentou este martes no rexistro do Concello de Vigo unha proposta de...