InicioEconomíaAudasa segue gañando cartos a costa da AP-9: Aumentou case un 20%...

Audasa segue gañando cartos a costa da AP-9: Aumentou case un 20% os beneficios en seis meses

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Autopistas del Atlantico (Audasa), do grupo Itínere, concesionaria da AP-9, obtivo un beneficio de 18,8 millóns de euros no primeiro semestre do ano, un 17,5% máis que no mesmo período do ano anterior, impulsada polo aumento do tráfico, segundo informou a concesionaria.

A facturación da vía creceu un 7,5%, ata os 71,4 millóns de euros, tras elevar un 2% o tráfico durante o período, de forma que ao peche de xuño rexistraba unha media de 23.227 usuarios diarios.

Audasa, que explota a autoestrada AP-9, de 219 quilómetros de lonxitude, asegura que se trata do volume de tráfico máis alto desde 2013, aínda que aínda está un 10,8% por baixo dos máximos que o número de usuarios rexistrado no primeiro semestre de 2008, o exercicio previo á crise.

A pesar dos beneficios, esta empresa asegura que destinou 2,8 millóns a outros investimentos entre as que se inclúen, di, a construción do novo colexio público en Chapela previsto no proxecto de ampliación da ponte de Rande. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...