InicioEconomíaPortugal quere atraer á industria do automóbil do sur de Pontevedra con...

Portugal quere atraer á industria do automóbil do sur de Pontevedra con I+D+i

A ISQ ten os ollos postos no Grupo PSA, que reúne marcas como a Peugeot, Citroen e a Opel, e que ten a súa gran factoría en Vigo.

PUBLICADO O

Hai unha semanas o Grupo ISQ inauguraba un novo Laboratorio en Monção. O seu obxectivo é converterse no maior laboratorio de ensaios ambientais de compoñentes de automóbil de Europa. Unha inauguración na que estivo o Secretario de Estado da Economía de Portugal, João Correia Neves. E é que o Goberno luso leva meses traballando nunha nova estratexia industrial que pasa pola captación de grandes empresas ofertando ventaxas fiscais e parcelas industriais a moi baixo prezo.
“A creación de entidades e infraestruturas deste tipo en Portugal e proxectadas desde o inicio cunha vocación internacional, son cruciais para a atracción de investimento directo estranxeiro para Portugal pois ofrecen solucións integradas e con valor engadido para quen se quere instalar en Portugal”, apuntaba Pedro Matias, presidente do Grupo ISQ na inauguración desta planta. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...