InicioEconomíaOs edificios da antiga ETEA serán utilizados para a investigación e non...

Os edificios da antiga ETEA serán utilizados para a investigación e non para a gastronomía

Universidade e Zona Franca acordan impulsar proxectos de innovación

PUBLICADO O

Os edificios da antiga ETEA, o de Siemens e o de Faraday será exclusivamente para proxectos de investigación. Así o suliñou este luns o delegado da Zona Franca, David Regades. Deste xeito, o primeiro albergará proxectos de emprendemento, mentres que o edificio Faraday, albergará soamente investigación e innovación.

Tras unha xuntanza co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sinalou que a intención de Zona Franca é licitar antes de final de ano as obras de reforma do edificio Siemens. Descartase así a instalación de crear nel dun centro de innovación gastronómico, como expuxera a anterior delegada, Teresa Pedrosa.

Tamén explicou que o organismo que dirixe pedirá unha reunión coa Xunta para abordar os investimentos comprometidos polo goberno autonómico, que anunciou que destinaría 3 millóns de euros á rehabilitación do Faraday. Neste sentido, Manuel Reigosa confirmou tamén que o edificio Faraday, ademais de albergar actividade científica vinculada co Campus do Mar, será sede da Universidade de Verán.

Outros convenios

Universidade e Zona Franca acordaron asinar un “convenio marco” que englobará todas as actuacións que levan a cabo conxuntamente. Tamén reforzarán a Cátedra Ardán, que incluirá indicadores de igualdade e economía circular; a Cátedra Zona Franca, vinculada á investigación e aos traballos de fin de grao e fin de máster e estreitar a colaboración da Universidade co programa Vía Exterior, para favorecer a internacionalización de empresas.

Tamén apostan por impulsar iniciativas no ámbito da aeronáutica e tamén traballar conxuntamente no proxecto Vía Galicia. A ese respecto, o reitor da UVigo expresou a súa “satisfacción” porque se manteña e afortale a cooperación, e subliñou que ámbalas institucións deben ser “importantes para a área socioeconómica” de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...