InicioDeportesA avogada do futbolista Santi Mina, sobre o ingreso en prisión: "Non...

A avogada do futbolista Santi Mina, sobre o ingreso en prisión: “Non foxe da xustiza; non ten medo”

Temor na familia da vítima a que foxa.

PUBLICADO O

A avogada do futbolista vigués Santi Mina asegurou este venres que o seu defendido “non foxe da xustiza” e remarcou que “non ten medo” ante a comparecencia que se celebra na Audiencia Provincial de Almería para decidir se, como pide a acusación particular, ingresa en prisión tras trasladarse a Arabia Saudita para vestir a camiseta dun equipo da súa liga.

Ás postas do Palacio de Xustiza da capital, Fátima Magdalena Rodríguez compartiu a decisión do tribunal da Sección Terceira de permitir que Mina, condenado a catro anos de prisión en primeira instancia por abuso sexual, declare por videoconferencia, “continuando en Riad, tal e como ten que ser”.

Rodríguez trasladou que espera que o seu patrocinado quede “en liberdade” tras a vista e negou que exista o risco de fuga que alega a acusación particular. “Non hai ningún risco de fuga. Durante cinco anos, Santiago Mina non tivo ningún tipo de medida cautelar, por tanto non se entende por que agora si tería que imporse unha medida cautelar”, dixo.

Sobre o feito de que Arabia Saudita sexa un país sen tratado de extradición con España, a letrada argumentou que é “un personaxe público, que está monitorado”. “Non hai ningún problema porque el non foxe da xustiza e non ten ningún medo, aínda que non quixese vir xa que podía facelo desde alí”, concluíu.

AVOGADO DA ACUSACIÓN

Pola súa banda, o avogado da vítima afirmou en declaracións aos xornalistas que non “comparte nada, en absoluto” a decisión adoptada polo tribunal con respecto á comparecencia telemática de Mina, aínda que o ordenamento xurídico “permite esta facultade, que queda a discreción” dos maxistrados.

“Tendo en conta que nin sequera lle fan regresar a España para decidir se entra ou non en prisión, é un mal indicativo sobre cal é a intencionalidade que ten o tribunal neste caso concreto“, subliñou.

Iván Bolaño indicou que foi a decisión “do condenado de ir a Arabia Saudita”, o que provocou que a acusación particular solicite o ingreso en prisión por aumentar o risco de fuga “xa que non fixeramos nada desde abril, cando se coñeceu a sentenza” e remarcou que o país no que agora xoga Mina “non conta con ningún convenio de extradición”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...