InicioDeportesEquipos de todo o mundo participan no Torneo Internacional Michel Salgado

Equipos de todo o mundo participan no Torneo Internacional Michel Salgado

Celebrarase do 19 e 28 de agosto nas instalacións deportivas da Madroa e no campo José Costas de Candeán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Equipos de todo o mundo participarán no Torneo Internacional Michel Salgado, que se celebrará entre os próximos 19 e 28 de agosto nas instalacións deportivas da Madroa e no campo José Costas de Candeán, en Vigo.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron este venres á presentación do M2 Cup Torneo Internacional Michel Salgado, levada a cabo na sede do Real Club Celta.

Esta terceira edición do evento, que é apoiado pola Xunta, aspira a converterse no mellor torneo internacional de España e un referente a nivel mundial.

Neste sentido, Lete Laza agradeceu ao exfutbolista Michel Salgado, natural do concello pontevedrés das Neves, a súa aposta por Galicia para acoller este torneo e a posibilidade de que os clubs máis modestos poidan participar para medirse ás grandes canteiras internacionais.

Fernández-Tapias destacou a importancia de que Vigo acolla eventos tan importantes como este “polo que significa para a cidade, polo que supón para o fomento do deporte base e polos valores que representa de compañeirismo, esforzo, traballo, respecto e superación”.

O III Torneo Internacional Michel Salgado dará comezo o 19 de agosto e prolongarase ata o 28 deste mes. Contará con equipos de diferentes categorías de España e estranxeiros, desde prebenxamíns, benxamíns e alevíns, que xogarán na modalidade de fútbol 8; ata infantil, cadete e xuvenil, que xogarán con 11 en cada equipo.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...