InicioDeportesO dianteiro ruso Fedor Smolov chega cedido ao Celta para tentar acabar...

O dianteiro ruso Fedor Smolov chega cedido ao Celta para tentar acabar coa seca goleadora do equipo

É a terceira fichaxe invernal, tras o central colombiano Jeison Murillo e o centrocampista croata Filip Bradaric.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dianteiro internacional ruso Fedor Smolov é o terceiro reforzo invernal do Celta. Chega, segundo o propio club, avalado por unha “contrastada capacidade goleadora, impactante cifra de asistencias, experiencia, talento…”.

O Celta tamén salienta que Smolov destaca “sobre todo pola súa facilidade anotadora” sinala o Celta sobre o futbolista.

Smolov procede do Lokomotiv de Moscova e é a terceira fichaxe do Celta tras o central colombiano Jeison Murillo e o centrocampista croata Filip Bradaric.

ÚLTIMAS

A UVigo rompe a baralla: dá por “morto” o acordo coa USC e acelera o Grao de Medicina

A Universidade de Vigo segue avanzando nos trámites para solicitar o Grao de Medicina...

Ratificado o convenio que resucita o Teatro Fraga: 20,8 millóns para o seu gran retorno

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal o convenio de colaboración coa Deputación...

A Audiencia ratifica a prisión do violador de Travesía de Vigo tras fuxir a República Dominicana

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ratificou este...

O BNG demanda a retirada da cruz de O Castro en Vigo para “reparar a memoria democrática”

O BNG esixiu este luns a retirada da cruz de O Castro de Vigo,...