InicioDeportesA entranar a Cerveira

A entranar a Cerveira

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os temporais de decembro deixaron a pista de atletismo de Balaídos sen xaula para lanzamento de martelo e disco.

Logo de un mes coas instalacións precintadas e a piques de comezar as probas autonómicas e nacionais, deportistas e equipo técnico teñen que desprazarse dous días á semana á localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, que puxo a disposición dos clubs galegos as súas instalacións.

No ano 2014 Xunta de Galicia e concello firmaron un acordo para o desenvolvemento dun proxecto de reforma do Estadio de Atletismo de Balaídos cun compromiso económico de 2 millóns de euros de inversión sufragados polo organismo autonómico, a cambio de non invertir na financiación da remodelación do estadio de futbol.

A invalidación posterior do Plan Xeral e a falta de acordo entre Concello e Xunta, supuxeron a paralización do proxecto cunhas instalacións en precario.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...