InicioCulturaAfundación nega a venda do seu edificio en Vigo que "forma parte...

Afundación nega a venda do seu edificio en Vigo que “forma parte do patrimonio cultural galego”

Miguel Ángel Escotet di que é "un inmoble prioritario para a actividade da entidade" en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Obra Social de Abanca trasladou que a Sede Afundación de Vigo, situada na rúa Policarpo Sanz 24-26, é “un edificio esencial para a acción social e cultural” da entidade na cidade olívica, e que Afundación “non se expuxo a súa venda en ningún momento”.

De feito, ante informacións publicadas en relación á posible venda deste inmoble, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, informou ao Padroado da entidade de que “non está en absoluto en consideración unha medida deste tipo“. “Nunca nolo expuxemos, nin se considerará vender ou ceder a terceiros. É un patrimonio cultural galego ao que nos dedicamos en corpo e alma”, dixo.

A Sede de Afundación en Vigo é a sede da nosa Xerencia e a base da nosa acción social e cultural. Ademais, desde este centro, nunca abandonaremos o noso compromiso social, cultural e educativo e moitísimo menos para mercantilizalo como centro de negocios despois dunha crise social e sanitaria. É algo que nos resulta inaceptable”, subliña Miguel Ángel Escotet, nun comunicado.

Na devandita nota incídese en que a Sede de Afundación en Vigo é “un inmoble prioritario para a actividade da entidade” en Vigo. Non en balde, ademais de ser a sede da súa Xerencia, dunha parte substancial dos servizos centrais da entidade, do Espazo+ 60 Afundación, a Colección de Arte ou o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova, alberga anualmente múltiples propostas sociais e culturais, impulsadas por Afundación e outras institucións, entidades ou empresas, que teñen tamén un referente neste espazo.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...