InicioCulturaO Festival de Cans, entre os catro mellores eventos culturais de Galicia...

O Festival de Cans, entre os catro mellores eventos culturais de Galicia en 2020

Sitúase só por detrás da Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro Galego de Arte Contemporánea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans foi seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, segundo o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das entidades culturais de maior prestixio de España.

Esta fundación, que ten a súa sede en Madrid, realiza este informe anual do que denomina ‘principais insignias culturais’, recollendo as opinións dun milleiro de expertos de prestixio no campo cultural en toda España, entre os que están representantes de fundacións, directores de grandes museos, produtores, promotores, xestores culturais e representantes de diferentes administracións.

En Galicia, o Festival de Cans ocupa o cuarto lugar en prestixio e valoración, só por detrás de grandes institucións como a Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro Galego de Arte Contemporánea, de Santiago de Compostela.

Neste cuarto lugar, ademais de Cans, empatan a puntos o Teatro Rosalía de Castro e o Festival S8 de Cinema Periférico da Coruña, xunto co Festival Curtocircuito, de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...