InicioCultura30 Seconds to... Abel Caballero

30 Seconds to… Abel Caballero

O alcalde de Vigo comparte nas redes sociais a fotografía que se fixo co famoso actor e líder da banda de rock 30 Seconds to Mars.

PUBLICADO O

Eran as estrelas dos concertos de Castrelos e non defraudaron. Os membros da banda estadounidense de rock 30 Seconds To Mars, liderada polo oscarizado actor Jared Leto, encheron Castrelos o pasado xoves e contaron cun teloneiro moi singular, o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

O rexedor non perdeu a ocasión de fotografarse coa estrela do cine e da música e compartiu a imaxe na súa conta de Instagram, onde escribiu: “Fabuloso espectáculo de Thirty Seconds to Mars en Castrelos. Único concierto en Galicia”.

Non foi a única imaxe que compartiu cos seus seguidores o alcalde socialista, que colgou na súa conta algúns intres do concerto e da súa presentación.

Á esquerda, Jared Leto durante a actuación de 30 Seconds to Mars en Castrelos; á dereita, Abel Caballero presentando o grupo / Instagram de Abel Caballero.

Como mestre de cerimonias, Caballero introduciu, co seu particular estilo e no seu singular ingllés, o grupo sobre o escenario de Castrelos: “Quiero dar la bienvenida a los que estáis en la grada en la parte de alante, a los que estáis sentados en la hierba delante de la carretera y a los que ya ocupan la carretera hasta el pazo de Castrelos”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...