InicioFerido un traballador nun monte de Salvaterra

Ferido un traballador nun monte de Salvaterra

Recibiu un golpe na cara e tivo que ser socorrido por un helicóptero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un traballador resultou ferido este martes no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño ao recibir un golpe na cara mentres realizaba as súas tarefas nun camiño de terra dunha área forestal. O accidente tivo lugar ás 11,45 horas nunha zona de monte de San Paio, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Unha vez localizado, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 recolleron ao operario e trasladárono ao centro de saúde de Salvaterra, onde foi avaliado. Os efectivos do centro solicitaron a intervención do helicóptero do 061 con base en Santiago, que recolleu ao ferido despois de aterrar na zona das piscinas fluviais.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...