InicioMedio Ambiente e PatrimonioA praia fluvial de Muíños, en Salvaterra, incluída de forma oficial nas...

A praia fluvial de Muíños, en Salvaterra, incluída de forma oficial nas zonas de baño de Galicia

PUBLICADO O

A asociación Lazoiro, que a finais do ano 2016 remitiu un escrito á Consellería de Sanidade para incluír no censo das zonas de baño de Galicia as praias fluviais de Abelán, na parroquia de Fornelos (Bocal), na parroquia de Oleiros, e os Muíños en Salvaterra, acaba de recibir a contestación favorable.

Lazoiro recorda que estas praias fluviais, ao non formar parte do censo oficial das zonas de baño de Galicia, non estaban sometidas a ningún control da calidade das súas augas.

Lazoiro.org

Dende Lazoiro recordan que a catalogación destas praias do río Tea (Abelán e Muíños) vai permitir consultar en liña o estado da auga en todo momento pois ata agora o último punto recoñecido como zona de baño atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final do Tea que vai até a desembocadura no río Miño.

Isto suporá un alicerce para revitalizar estas zonas, tanto no Tea (Abelán e Muíños) como no Miño (Bocal) e dará seguranza a aquelas persoas que busquen zonas de baño onde a calidade da auga se atope controlada por un organismo oficial, axudando por tanto a unha promoción turística desas zonas moi importante.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...