InicioEconomíaNovo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a contratación de persoal...

Novo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a contratación de persoal da provincia

PUBLICADO O

 Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a segunda concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego, cunha achega de 1,2 millóns de euros para dez municipios da provincia.

En rolda de prensa, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, concretou que esta consignación permitirá aos concellos de Arbo, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Fornelos de Montes, Marín, As Neves, Oia, Portas, Rodeiro e Salvaterra de Miño contratar un total de 130 traballadores municipais.

As persoas contratadas dedicaranse a traballos de conservación e mantemento de bens e servizos municipais e son os propios concellos os que solicitan os postos a cubrir a través destas subvencións. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...