InicioCulturaCoñece o patrimonio xudeu tudense a través dunha visita teatralizada

Coñece o patrimonio xudeu tudense a través dunha visita teatralizada

Esta actividade pecha o programa da Xornada Europea da Cultura Xudía. Últimos días tamén das Xornadas Gastronómicas Sefardís.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A visita teatralizada ao patrimonio xudeo tudense, unha actividade que forma parte da programación do Concello de Tui para a celebración da Xornadas Europeas da Cultura Xudía na cidade, terá lugar este domingo, 11 de setembro, a partir das 12 horas.

O percorrido comezará na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, e contará en tres momentos coa presenza de personaxes vinculados á presenza dunha comunidade xudía no Tui medieval noutras tantas localizacións do conxunto histórico tudense.

Deste xeito, as persoas participantes poderán achegarse ao coñecemento deste legado histórico e cultural a través de varias escenas teatralizadas. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que “temos a sorte de contar en Tui con testemuños materiais e inmateriais que permiten coñecer e pór en valor este importante e enriquecedor patrimonio ligado ás comunidade xudías e criptoxudías tudenses”, e lembrou que a “Ruta xudía” está sinaliazada e pode seguirse en calquera momento.

XORNADAS GASTRONÓMICAS

Igualmente, esta fin de semana finalizan as Xornadas Gastronómicas sefardís dedicadas ao bacallau, que contan coa oferta de pratos sobre especialidade nos seguintes establecementos tudenses: Parador de Tui (co prato ‘Bacallau gratinado con emulsión suave de allo e repolo’) e Gastrobar Trisco do Miño (con ‘Bacallau á portuguesa’).

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...