InicioEconomíaGalicia lidera a produción de kiwi en España

Galicia lidera a produción de kiwi en España

É a maior produtora deste froito en España, con máis de 16.000 toneladas anuais.

PUBLICADO O

Galicia mantense como a principal área produtora de kiwi, con máis de 16.000 toneladas anuais cultivadas nunha superficie que rolda as 700 hectáreas, e un total de 87 explotacións que se dedican á produción tanto de kiwi como de amorodo e arando.

Do total de explotacións das que se ten constancia a Consellería de Medio Rural, 48 corresponden ao kiwi, seguidas de 27 de amorodo, e outras 12 de arando.

Por provincias, estas producións localízanse “claramente” na fachada atlántica, con case o 90 por cento do total, polas súas condicións climatolóxicas. Así, na Coruña hai 39 cultivos e en Pontevedra 36, mentres que en Lugo hai 7 e en Ourense 5.

O caso do kiwi é “paradigmático” neste sentido, pois máis da metade das explotacións (27) están en Pontevedra e A Coruña suma 16, mentres que Lugo ten cinco e Ourense ningunha.

A Xunta, que lembra que o cultivo de kiwi se iniciou en España en 1969, concretamente en Gondomar e Tui (Pontevedra), manifestou que en Galicia hai dúas organizacións profesionais de froitas e hortalizas (Horsal e Kiwi Atlántico) e no caso dos arándanos destacou a explotación Horticina.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...