InicioDeportesTomiño celebra nas pistas do Mosteiro o seu primeiro Campus de Atletismo

Tomiño celebra nas pistas do Mosteiro o seu primeiro Campus de Atletismo

PUBLICADO O

Na mañá deste luns comezou o 1º Campus de Atletismo do Concello de Tomiño, coa participación de máis de 40 nenos e nenas da zona que, durante dúas semanas, recibirán clases de monitores especializados, así coma visitas de atletas consagrados.

A realización deste campus de atletismo foi posible grazas á existencia do Club Sociedade
Atlética Trega de Tomiño, de recente creación, que levan adiante Javier Sierpes e Patricia Pereira, tamén monitores deste campus.

Entre as visitas concertadas, está a do responsable de Marcha da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morales, o luns 27 de agosto, e a da campioa de España de Xavelina (de Atlética Barbanza), Lidia Parada, o xoves 30, que acudirá acompañada polo seu adestrador, Lardo Moure. Asemade, están previstas aínda que non confirmadas, visitas doutros atletas de releve nacional e internacional, coma Xulia Vaquero, da Guarda.

As visitas organizáronse pensando en amosar aos nenos e nenas as disciplinas menos coñecidas do atletismo, para que as coñezan e tomen contacto directo con
elas.

No acto de inauguración do campus, estivo o concelleiro de Deportes, Ismael Torrón, que
expresou a súa satisfacción polos niveis de participación acadados neste campus e nos demais celebrados durante o verán.

Neste sentido, sinalou que esta é a última das actividades deportivas de verán organizadas
polo Concello, polas que pasaron varios centos de persoas. As pistas do Mosteiro, situadas a carón do colexio Pedro Caselles, serán as instalacións onde os participantes recibirán as clases e visitas de coñecidos atletas.

Trátase dunha pista con catro calles e 200 metros de lonxitude, e un espazo interior con céspede natural, para campo de fútbol ou outros deportes.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...