InicioSucesosDetido un grupo criminal estranxeiro horas despois de roubar con forza nun...

Detido un grupo criminal estranxeiro horas despois de roubar con forza nun domicilio da Guarda

PUBLICADO O

A Guardia Civil detivo este xoves en Baiona a catro individuos, dous croatas e dous italianos, dun grupo criminal asentado na comarca do Salnés como presuntos autores dun roubo cometido o mesmo día nun domicilio na localidade pontevedresa da Guarda.

Segundo informa o Instituto Armado, as detencións producíronse escasas horas despois do roubo, no transcurso dun dos controis de estrada que tiñan establecido os efectivos do Posto Principal da Guardia Civil de Baiona-Nigrán na estrada PO-552, á altura de Cabo Silleiro.

O nerviosismo dos catro ocupantes do vehículo, con placas de matrícula francesas, ao pasar polo chanzo de selección do dispositivo puxo en alerta aos integrantes do control que optaron por realizar un exhaustivo rexistro, tanto dos ocupantes como do vehículo”, relatan as mesmas fontes.

Dentro do turismo atopáronse xoias e diñeiro cuxa procedencia non puideron justificar. Nun pano de pescozo escondido debaixo do asento dianteiro dereito levaban varias xoias e moedas; no interior dun calcetín que se atopou no oco portaobjetos do asento traseiro, escondíase outro lote de xoias e noutro calcetín que escondían no interior do cinceiro situado na consola central, atopáronse algo máis de 200 euros en moedas de dous euros, detallou a Benemérita.

O catro ocupantes do vehículo foron detidos ao ter coñecemento de que tanto as xoias como o diñeiro foran sustraídas durante a mañá dese mesmo día no interior dun domicilio habitado na localidade da Guarda, nun momento no que non había ninguén na vivenda.

Os arrestados son catro homes, dous de nacionalidade croata e dous italianos, en idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos, “a maior parte deles cun amplo historial delituoso“, aseguran as mesmas fontes, que engaden que ningún deles ten domicilio coñecido en España e sábese que levaban poucos días aloxados nun apartamento no municipio de Sanxenxo.

ROUBO CON FORZA

A todos eles acúsaselles dun delito de roubo con forza nas cousas en casa habitada e outro de pertenza a un grupo criminal. O condutor do vehículo foi investigado tamén por un delito contra a seguridade viaria posto que careceía de permiso de conducir.

Con estas detencións a Guardia Civil considera desarticulado “un perigoso grupo itinerante”, recentemente chegado a España procedente de Francia que, “sen dúbida, dado os antecedentes e o perfil dos arrestados, pretendía operar na provincia de Pontevedra”, asegura o Instituto Armado.

Os detidos foron postos este xoves a disposición do xulgado de Instrución de garda de Tui, que decretou o ingreso preventivo de todos neles en prisión.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...