InicioFelipe VI visita un centro rural en Tui

Felipe VI visita un centro rural en Tui

Gabou a calidade da educación rural galega, premiada pola fundación Princesa de Girona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O rei Felipe VI destacou a “aposta pola innovación”, a “calidade docente” e os valores que profesa o Centro Rural Agrupado (CRA) Mestra Clara Torres de Tui, que foi galardoado pola Fundación Princesa de Xirona.

Durante o acto de entrega do Premio Escola do Ano 2020 outorgado pola Fundación Princesa de Xirona a este centro rural, que tivo lugar este xoves en Tui, o monarca afirmou que distinguir a este centro de “referencia” na contorna rural galego permite “dar a coñecer” a outras escolas as súas “ideas”, “métodos” e “proxectos” educativos, así como o “entusiasmo” co que levan a cabo.

VISITA ÁS AULAS

Previamente á súa participación na entrega do galardón, os reis percorreron as aulas de Baldrán e Pexegueiro acompañados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, entre outras autoridades.

ÚLTIMAS

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...