InicioSen categorizarPiñeiral Castrexo, o bosque celta

Piñeiral Castrexo, o bosque celta

No Puntal, en Camposancos, natureza e cultura abrázanse pola man de José Cabaleiro, quen decorou un conxunto de piñeiros con símbolos célticos característicos nesta zona, que alberga unha das maiores despensas arqueolóxicas do noso pasado castrexo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estamos no punto máis suroccidental de Galicia, nun recuncho máxico no que o Miño traza a raia azul que nos separa xeograficamente de Portugal e desemboca no Atlántico cara a un dos solpores máis fermosos do país, presidido polo impoñente Monte Santa Tegra e a súa citania, icona da Galicia castrexa. Alí, no lugar coñecido como O Puntal, na Entidade Local Menor de Camposancos –na Guarda–, un espectacular piñeiral saúda os peregrinos que percorren o Camiño Portugués e os veciños e visitantes que transitan por un paseo de madeira que conecta a praia do Muíño e o miradoiro do Puntal. Estamos ante o rebautizado Piñeiral Castrexo, un sitio onde a natureza abraza os nosos devanceiros, onde os troncos fan de soporte do noso pasado castrexo, onde esvásticas e trísceles celtas enfeitan o bosque nunha obra de arte perecedoira.

Piñeiral Castrexo é unha obra do artista autodidacta redondelán Xosé Cabaleiro –afincado na Guarda–, quen se inspirou na corrente Land Art e, máis concretamente, nas intervencións de Agustín Ibarrola no Bosque de Oma (Kortezubi, Euskadi) e no de Rexo (Allariz).

A idea xurdiu durante as súas visitas ao Trega e o seu museo arqueolóxico: “Fixábame nos petróglifos, nos trísceles e esvásticas celtas… E logo, cando paseaba polo Puntal, miraba eses piñeiros e pensaba que podería trasladar dalgún xeito aqueles motivos ás árbores”, explica o artista galego. E transferiu a súa idea do seu cerebro a un ordenador, onde comezou a crear fotomontaxes do proxecto. Disto hai xa tres anos, en 2017.

Xosé Cabaleiro presentoullo a Gemma Marqués e Dani, artistas locais, xestores da Casa Taller da Guarda, aos que coñecía, para saber a súa opinión. “E gustoulles”, celebra.

O seguinte paso foi presentarlle o proxecto á Xunta, Seprona, ecoloxistas…, xa que o lugar é un espazo natural protexido da Rede Natura. Foron dous anos de espera até que contou co visto e prace. E arrincaron en setembro de 2019.

A idea materializouse finalmente este verán, cando completou a obra.

ARTIGO COMPLETO EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns...

O Concello de Vigo impulsa a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Internacional

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción presentada polo PP...