InicioPolíticaA Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas...

A Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas leves

O rexedor recorrera a sentenza emitida en primeira instancia o pasado mes de decembro. A resolución da audiencia é firme e non cabe recurso.

PUBLICADO O

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quedou absolto dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución nº3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.

En rolda de prensa, o rexedor amosou a “súa satisfacción a nivel político e persoal” logo de que a sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra arquivara o caso. Na súa sentenza a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra a sentenza do xulgado de instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso.

Pola miña honra persoal valía a pena recorrer e agora faise xustiza”, dixo. Ademais, apuntou que na sentenza da Audiencia se entende que “en primeira instancia non se aplica o principio de In dubio pro reo, nin o de mínima intervención ao tempo que non hai axuste ao tipo penal”.

O xulgado de Instrucción nº3 de Tui condenara o pasado decembro ao rexedor tudense a pagar 450 euros de multa por ameazar ao director deportivo do Club Kaiak Tudense con “airear os seus trapos sucios”, despois de que este afirmase nun medio de comunicación que Tui “non necesita un figurín”, en alusión ao alcalde.

A xuíza de primeira instancia ditou sentenza condenatoria, por considerar probado que Vázquez Padín tivo unha actitude “claramente amonestadora” cara a este particular, e lembráballe que, como cargo público, está “sometido á libre crítica”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...