InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbel Caballero aposta polo "consenso social" e non pola "sanción" nas zonas...

Abel Caballero aposta polo “consenso social” e non pola “sanción” nas zonas de baixa emisión de Vigo

O PPdeG critica ao alcalde por non ter concedida aínda as axudas comedor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que as catro zonas de baixas emisións que a cidade olívica terá en 2023 elaboraranse con “consenso social”.

Na súa rolda de prensa diaria, Caballero sinalou que “xa hai unha primeira delimitación que se enviou ao Goberno de España para recibir axudas dos fondos europeos”, axudas ás que o Concello de Vigo opta a catro millóns de euros do total de 5,4 millóns que custará polas en marcha, pero que, aínda “hai que facer a tramitación”.

Isto require dunha ordenanza que se ten que elaborar, tense que discutir e tense que falar cos políticos porque as zonas de baixas emisións teñen que contar co gran consenso social”, comentou o rexedor vigués.

Ante a pregunta de se o Concello de Vigo levará a cabo un período transitorio no que non multará, tal e como xa anunciou o alcalde de Valladolid, Óscar Ponte, o alcalde da cidade olívica destacou que “o importante é a conciencia cidadá e a coordinación cidadá para utilizalos na forma propia e conveniente, non é a parte sancionadora”.

“A min non me gusta sancionar e por tanto hai que tratar de evitar que as zonas de baixas emisións se convertan nun ámbito de sanción. Estas zonas téñense que converter nun ámbito de coordinación cidadá. Aínda nos queda todo o diálogo por diante”, sentenciou.

O CATRO ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS

Tal e como avanzou Caballero a finais de setembro, o Concello de Vigo implantará un total de catro zonas de baixas emisións. A primeira destas zonas porase en marcha no centro da cidade, no perímetro delimitado por Cánovas do Castelo, Praza de Compostela, Colón, Urzáiz, Gil, Rolda don Bosco, Paseo de Granada, Falperra, Llorente, Santa Marta e Gaiteiro Ricardo Portela.

Así mesmo, haberá unha segunda Zona de Baixas Emisións na contorna do Calvario, outra na contorna da Praza de Portugal e unha cuarta no perímetro interior do centro urbano de Bouzas. En total, as zonas suman unhas 67 hectáreas de superficie.

CRÍTICAS PP

Por outra banda,o  grupo municipal do PP de Vigo reiterou este mércores a súa preocupación debido a que o Concello olívico aínda non concedeu as bolsas comedor, un feito “inadmisible e intolerable” xa que pasaron máis de dous meses desde o inicio do curso escolar e as familias teñen que pagar este servizo.

Para a concelleira popular’ Carla Bartolomeu, isto confirma a “xustificadísima alarma” lanzada pola Federación olívica de asociacións de nais e pais do alumnado de Vigo e comarca (Foanpas) xa en outubro, facendo referencia ás palabras da responsable viguesa de Política de Benestar Social, Yolanda Aguilar, que pediu a Foanpas que non crease alarma con “datos totalmente incertos”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...