InicioPolíticaO Concello de Vigo dará unha bolsa de 205 euros a todos...

O Concello de Vigo dará unha bolsa de 205 euros a todos os alumnos de primaria e secundaria para os libros de texto

O Concello espera ingresar as contías en decembro, aínda que Caballero recoñeceu que quizá se demorarán ata finais de febreiro ou principios de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo dará unha bolsa de 205 euros a todos os alumnos de primaria e secundaria da cidade para o pago dos libros de texto do curso académico actual que acaba de comezar.

Tal como anunciouno o alcalde, Abel Caballero, con estas subvencións a Administración local pretende axudar ás familias neste momento económico “tan difícil” que está a provocar, entre outras cousas, a inflación.

Segundo cálculos do goberno municipal, 205 euros é a media do que gastou este ano en libros de texto cada alumno de primeira e secundaria, polo que o Concello busca a gratuidade dos mesmos con esta achega.

Caballero explicou que a pesar de que xa foron comprados, agora o Concello devolverá o importe que os pais investiron nos mesmos a través desta bolsa. En total, será necesario un crédito extraordinario duns 5,2 millóns de euros para facer fronte a este novo gasto, xa que na cidade hai máis de 25.800 alumnos nestes cursos.

O rexedor cargou contra a Xunta, indicando que esta iniciativa tería que ser tomada polo Goberno galego. O Concello espera ingresar as contías en decembro, aínda que Caballero recoñeceu que quizá se demorarán ata finais de febreiro ou principios de marzo.

Para pedir a axuda só será necesario que o neno estea empadroado en Vigo e que curse os seus estudos nun centro da cidade. Preguntado sobre se as bolsas serán progresivas, para que as familias con menos recursos opten a unha contía maior, Caballero indicou que todos os alumnos que a pidan recibirán 205 euros, independentemente do nivel de ingresos dos seus pais.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...