InicioSucesosAbren xuízo contra o dono da pirotécnica acusado de dous homicidios imprudentes...

Abren xuízo contra o dono da pirotécnica acusado de dous homicidios imprudentes pola explosión de Paramos en 2018

Está acusado da morte de dúas persoas e de causar danos en 430 vivendas, 76 vehículos e por lesións físicas a 36 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Tui ditou auto de apertura de xuízo oral contra Francisco G.L., dono da empresa pirotécnica La Gallega, procesado pola explosión que tivo lugar nun almacén ilegal na parroquia de Paramos do municipio tudense en maio de 2018, e que se saldou con dúas persoas mortas, decenas de feridos e cuantiosos danos materiais.

A Fiscalía acusa a este home de dous delitos de homicidio imprudente, delitos de lesións imprudentes, delitos de risco catastrófico provocado por explosivos, un delito imprudente de estragos e delitos de danos imprudentes; e pide que sexa condenado a penas que suman 14 anos de prisión, ademais de inhabilitación para exercer profesión relacionada con artefactos pirotécnicos.

Tamén reclama que pague indemnizacións por danos en 430 vivendas e 76 vehículos, por lesións físicas a 36 persoas, por danos en servizos públicos e en diferentes empresas; ademais de compensar aos fillos do matrimonio falecido, en 280.000 euros a cada un.

No seu auto, a xuíza de instrución tamén acorda que o investigado, a empresa pirotécnica e a súa entidade aseguradora presten unha fianza de 11,2 millóns de euros, que deberán ingresar en 10 días baixo apercibimento de embargo.

O xuízo por estes feitos, ocorridos o 23 de maio de 2018, celebrarase nalgunha das salas do Penal de Pontevedra. Ademais da acusación pública, numerosas entidades aseguradoras están personadas na causa, así como empresas e particulares, entre eles os fillos do matrimonio falecido, que solicitan para Francisco G.L. penas que suman 17 anos e 3 meses de cárcere.

ÚLTIMAS

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...