InicioSociedadeUSO denuncia a "falta de implicación" da dirección de Peinador para esclarecer...

USO denuncia a “falta de implicación” da dirección de Peinador para esclarecer a orixe de 10 casos de cancro

PUBLICADO O

A sección sindical de USO en AENA criticou a “falta de implicación” da dirección do Aeroporto de Vigo para esclarecer a orixe de 10 casos de cancro entre o persoal, despois de que a organización reclamase que se investiguen.

Nun comunicado, USO indicou que nos últimos 10 anos rexistráronse ata 10 casos de cancro entre o persoal, “o que supón un número llamativamente avultado para un persoal de 86 persoas”.

“Ademais, e por mor da investigación no seo do persoal de AENA, outros 5 traballadores de handling de compañías aéreas notificaron tamén a USO-AENA que padeceron cancro nos últimos anos“, subliñou o sindicado.

Por todo iso, o pasado xaneiro USO-AENA rexistrou un escrito á dirección do aeroporto, ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais e á dirección da Organización e Recursos, solicitando a realización de avaliacións de risco específicas, coa finalidade de determinar a presenza de sustancias cancerígenas ou mutagénicas no traballo.

Con todo, a dirección do aeródromo vigués fixo caso omiso das peticións e non proporcionou respostas nin informes ás solicitudes”, criticaron desde USO, esixindo “responsabilidade e celeridade” á dirección de Peinador e a AENA á hora de responder os rexistros.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...