InicioSen categorizarAir Nostrum ofertará 888 voos en Vigo dende abril ata setembro

Air Nostrum ofertará 888 voos en Vigo dende abril ata setembro

A compañía pon á venda case 90.000 prazas o que supón un incremento de 19.000 respecto a 2019.

PUBLICADO O

Air Nostrum, a aerolínea franquiada de Iberia para voos rexionais, vai ofertar de abril a setembro un total de 888 voos no aeroporto de Vigo. As cifras supoñerán todo un fito para a compañía no aeroporto de Peinador xa que serán uns 29% superiores en prazas ofertadas respecto ao mesmo período de 2019.

A tempada estival de voos foi presentada hoxe no aeroporto vigués polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen estivo acompañado polo director comercial de Air Nostrum, Juan Corral.

A aposta de Air Nostrum polo aeroporto vigués é decidida. A compañía pon á venda case 90.000 prazas o que supón un incremento de 19.000 respecto a 2019, a última tempada de verán anterior á pandemia. A aerolínea quere colaborar coa reactivación do turismo e da economía viguesa.

En voos, Air Nostrum chegará aos 888 nos máis de cinco meses de operativa estival, o que tamén supón un gran incremento respecto a 2019 cando levaron a cabo 168 operacións menos das que agora están programadas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...