InicioSociedadeA Xunta non descarta tomar medidas na área de Vigo polo "preocupante"...

A Xunta non descarta tomar medidas na área de Vigo polo “preocupante” aumento de casos

Destaca que carece de datos sobre o cumprimento das medidas de prevención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou que “preocupa” a evolución da pandemia da covid-19 nas áreas sanitarias de Vigo e Ourense e sinalou que non se descarta adoptar medidas “se é preciso” de acordo co nivel de ocupación hospitalaria.

Preguntado este martes en Vigo pola evolución da pandemia durante este fin de semana e este luns, festivo polo Día da Constitución, explicou que carece de datos sobre o cumprimento das medidas de prevención, dos que apuntou que poden dispor as forzas e corpos de seguridade do Estado.

En todo caso, sinalou que recentemente se produciu un aumento de contaxios, mentres achacou á realización dun menor número de probas durante este fin de semana o feito de que estes últimos días non fose tan agudo.

Así as cousas, García Comesaña explicou que a análise da situación sanitaria terá en conta principalmente o nivel de ocupación hospitalaria e concretou que as áreas sanitarias que “preocupan” son as de Vigo e Ourense. Así mesmo, non descartou que poidan adoptarse medidas para conter os contaxios na reunión do subcomité clínico que terá lugar este venres “se fose preciso”.

ÚLTIMAS

O BNG leva ao Congreso rexeitar a prolongación da A-52 e liberar a AP-9 como “alternativa máis sustentable”

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defenderá este martes unha proposición non de lei...

Piden 12 anos de prisión para un home por supostamente agredir sexualmente a un menor de 16 anos en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores,...

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...