InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta acusa ao Concello de Vigo de non cooperar para facer...

A Xunta acusa ao Concello de Vigo de non cooperar para facer o anel verde que protexa a cidade

Destaca a execución de actuacións de repoboación de especies por valor de 1,4 millóns de euros en colaboración coas mancomunidades propietarias dos terreos

PUBLICADO O

O conselleiro do Medio Rural, José González, reiterou a súa aposta por traballar no desenvolvemento dun monte periurbano en Vigo co anel verde como unha das súas principais infraestruturas “en común” co goberno local, do que criticou a súa “falta de cooperación”.

Así se manifestou no marco dunha visita para supervisar os traballos que se desenvolven no monte periurbano de Vigo, aos que detallou que se destinan 1,4 millóns de euros. Neste contexto, explicou que se realizan traballos en distintos montes consistentes en “repoboacións, peches e eliminación de especies arbóreas que non eran convenientes”.

En concreto, detallou que parte das obras, en montes veciñais mancomunados de Zamáns e San Andrés de Comesaña, xa foron finalizadas. Mentres, o grao de execución das demais actuacións oscila entre o 28% no caso da mancomunidade de Valadares e o 53% en Coruxo.

“Fixemos toda a programación para ser capaces de que todas as actuacións feitas de modo individual se poidan xuntar no monte periurbano de Vigo”, explicou. A este respecto, apuntou que a figura de monte perirubano recóllese no plan forestal 2021-2040 e resaltou a aposta da Xunta por que o de Vigo sexa o primeiro que se desenvolva.

CRÍTICAS Ao ALCALDE

Con todo, o titular de Medio Rural criticou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmase que “non se facía o anel verde por culpa da Xunta” a pesar de que a súa vontade “está acreditada”. Así, lembrou que en abril enviou unha carta ao rexedor na que lle explicou que nesta fase de tramitación do anel verde “non fai falta ningún informe” da Administracióna autonómica.

“Pero en aras da cooperación e coordinación administrativa remitímoslle dous informes da Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que se sentise tranquilo de que apoiabamos o anel verde“, destacou. Neste sentido, recalcou que estas valoracións foron emitidas “voluntariamente”, “non eran preceptivas” e “informaban favorablemente”.

Así mesmo, José González remarcou que comunicou ao alcalde “a súa intención de manter unha reunión inmediata para traballar en común no anel verde como unha infraestrutura preventiva”, dentro do concepto do monte perirubano que a Xunta quere impulsar en Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...