InicioSucesosDetido un home en Vigo por golpear á súa parella tras unha...

Detido un home en Vigo por golpear á súa parella tras unha discusión por celos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu este mércores á detención de G.V.F, varón de 34 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, por un presunto delito de violencia de xénero. Os feitos ocorreron sobre as 05:00 horas da madrugada do día de onte. A Central da Policía Local recibiu a chamada dunha muller indicando que se estaba producindo unha forte discusión de parella na rúa Hernán Cortés.

Unha patrulla desprazouse ao lugar e puido comprobar como unha parella discutía de forma acalorada na confluencia das rúas Colmeiro Laforet con Hernán Cortés, aínda que cando a muller detectou a presenza policial dirixiuse cara aos actuantes.

Comunicoulles que momentos antes, tras unha discusión coa súa parella nas inmediacións dun local situado na rúa Hernán Cortés, el colleuna polo pescozo e a zarandeou tirándoa ao chan e golpeándoa repetidas veces en diferentes partes do corpo, e que a continuación se apoderou do seu teléfono móbil, polo que ela tratou de ausentarse do lugar.

A vítima comunicou ademais que G.V.F, era a primeira vez que a agredía fisicamente, sendo habituais as discusións, e que esta se iniciou nun local próximo debido aos celos del.
Os axentes puideron apreciar que a muller presentaba lesións no cóbado dereito e no pescozo, polo que instantes mais tarde foi trasladada por outra patrulla a un centro hospitalario.

O varón negou os feitos, pero os actuantes puxéronse en contacto coa propietaria do local no que pouco antes estivera a parella e esta manifestou que o varón discutira cuns mozos que estaban falando coa muller, chegando a poñerse moi agresivo por ese motivo, polo que foi necesario botalo do establecemento e pechar a porta con chave.

Unha vez fóra seguiu molestando, tratando de entrar, polo que o seu acompañante pediulles que a deixasen saír para ver se conseguía tranquilizalo, pero unha vez fóra iniciaron unha forte discusión, comezando a camiñar ambos en dirección María Berdiales, pero nun momento dado escoitaron gritar á muller, polo que saíron para ver que pasaba, observando que ela se atopaba no chan e o varón encima dela, zarandeándoa. Por todo iso, procederon á detención de G.V.F.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...