
Os animais da contorna tamén sufriron a desgraza da catástrofe de Paramos, dende os máis grandes ata os máis fráxiles e pequenos.
Os máis sabios, parece que quedaron sen horizonte ao que mirar.
Todo é unha ruína: serpes de metal ameazan as fincas.
Están por todas partes, e son recordos dunha traxedia que non debería ter pasado nunca, mais pasou, e cada roto, cada anaco que voou, o demostra.
E eles xa non saben se agocharse…
Ou simplemente continuar coa vida coma se nada pasara.