A Guarda acolle estes días a décimo cuarta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, coorganizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Máis dun cento de embarcacións que son auténticas xoias navegan pola costa guardesa estes días.