Penso que faría felices a moitos vigueses que o dinoseto voase e cada quen poidese levalo amarrado por un cordeliño para que lle presentase os seus respetos ó noso Sireno de Leiro. Unha conversa amigable entre un seto e un sireno. Penso que ao noso alcalde encantaríalle ser o primeiro vigués que facilita un diálogo de tanta altura. Penso que somos como nenos. E aínda cremos nos unicornios / Miguel Núñez