Vigo é unha cidade que posúe unha maxia innegable nos seus inesgotables recunchos, polo que condensar este labirinto de rúas, persoas e historias nunha única imaxe semella complicado.
Intentouno o noso xornalista Miguel Núñez con esta fotografía do sireno, acompañado dun olivo que colga dunha rúa das que non escasean por aquí, nunha cidade en constante evolución. E ti, como farías?