InicioVigo e contornaVigoRenfe e Concello de Vigo asinan un convenio de promoción da cidade...

Renfe e Concello de Vigo asinan un convenio de promoción da cidade como destino turístico e de negocios

Grazas a este convenio, poderán obterse ofertas mediante a creación de paquetes turísticos que empreguen o tren como medio de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente de Renfe, Isaías Táboas, e o alcalde de Vigo e presidente da Fundación Vigo Convention Bureau, Abel Caballero, asinaron este xoves un convenio para promocionar a cidade olívica como destino turístico e de negocios de viaxes en tren.

O acordo, subscrito no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra estes días en Madrid, contempla que Renfe ofreza descontos aos asistentes e expositores das actividades que leven a cabo para a promoción do turismo de congresos, convencións e outros eventos que se celebren ou organice a Fundación Vigo Convention Bureau, tanto nos trens AVE como en Longa Distancia.

Así mesmo, acordáronse descontos en tren tamén para as ‘Escapadas Temáticas’ ou de Turismo MICE (Meetings, Incentivos, Convencións, Eventos e Congresos) e Grupos.

Pola súa banda, a Fundación Vigo Convention Bureau promocionará e publicitará a Renfe como ‘tren oficial’ de todas as actividades que leve a cabo para a promoción do turismo ou de negocios na cidade.

Grazas a este convenio, poderán obterse ofertas en hoteis, restaurantes, espectáculos, rutas turísticas ou museos mediante a creación de paquetes turísticos que empreguen o tren como medio de transporte.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...