InicioSociedadeDenuncian que a Xunta non paga o transporte escolar dos colexios Paraixal,...

Denuncian que a Xunta non paga o transporte escolar dos colexios Paraixal, Mosteiro e Eduardo Pondal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero, alcalde de Vigo, denunciou este martes en rolda de prensa que a Xunta está a ofrecer aos nenos que viven lonxe do seu centro escolar, “que se cambien de colexio”, supostamente para aforrarse o servizo público de transporte en autobús desde os seus fogares.

Así, Caballero subliña que a Xunta está negando este servizo aos alumnos do colexio Paraixal de Teis, do C.E.I.P. de Mosteiro de Bembrive ou do Eduardo Pondal. “Ese é o criterio de apoio á educación da Xunta? Tamén quere aforrar custes a costa dos nenos de Vigo?”, preguntou en rolda de prensa.

Tamén subliñou que o transporte ao colexio Mosteiro de Bembrive está funcionando, mais porque o está a pagar o Concello de Vigo “cando é unha competencia da Xunta”, segundo asegurou o rexedor vigués.

De feito, destacou que “isto da Xunta con Vigo non ten precedente en ningún lugar, con ningún concello do Mundo”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...